ainu

ainu
Plural: ainus
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo ainu ou á súa lingua.

    2. s [ETN ]

      Individuo do pobo ainu.

    3. s [ETN ]

      Pobo de Asia oriental que habita en diversas illas setentrionais de Xapón.

    4. s [LING ]

      Lingua que fala o pobo ainu. As investigacións toponímicas evidenciaron que era a lingua autóctona do arquipélago xaponés ata a chegada dos grupos continentais.

  1. grupo humano ainu [ANTROP/FISIO ]

    Grupo humano leucodermo que se localiza na parte meridional da illa de Sakhalin e setentrional da illa de Hokkaido. A orixe desta raza aínda non é segura; trátase dun grupo leucodermo illado en medio de grupos xantodermos. Os datos arqueolóxicos permiten remontar a historia dos ainu a uns 12.000 anos como mínimo, aínda que non permiten resolver a cuestión das orixes.

Palabras veciñas

aimará aínda ainhum ainu ainudo -da aio, aia aira