directorio

directorio

lat directorĭu

Plural: directorios
  1. s m

    Conxunto de normas ou instrucións que serven para dirixir unha materia determinada ou un negocio.

  2. s m

    Consello que se encarga da xerencia dunha entidade pública, asociación ou partido.

  3. s m
    1. Táboa de control que informa sobre a capacidade e a memoria que ocupan no ordenador os datos ou os módulos.

    2. Lista dos ficheiros do disco duro que contén diversas informacións como o nome, o inicio da táboa FAT ou a hora e data de creación.

  4. s m [BIBLIOT ]

    Listado de persoas, organismos, institucións ou empresas que recolle datos sobre os mesmos.