dinófito -ta

dinófito -ta
Plural: dinófitos Masculino: dinófito Masculino plural: dinófitos Feminino: dinófita Feminino plural: dinófitas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás dinófitas.

  2. s f [PROTISTA ]

    Alga da división das dinófitas.

  3. s f pl [PROTISTA ]

    División de algas presentes en augas mariñas e continentais, a maioría unicelulares e biflaxeladas que presentan unha cuberta constituída por placas poligonais de celulosa recubertas pola membrana plasmática. Esta parede celular ou teca, ten dous sucos en cruzamento dos que emerxen os dous flaxelos.

Palabras veciñas

dinka dino dinodo dinófito -ta dinoflaxelado -da dinorfina dinornitiforme