dinamismo

dinamismo

gr δύναμις   ‘forza’ + -ismo

Plural: dinamismos
  1. s m

    Calidade de dinámico.

  2. s m [FILOS ]

    Teoría filosófica que ve na forza e nas súas combinacións a determinante das propiedades dos corpos. Oponse ao  mecanicismo e a toda idea de casualidade.

  3. s m [RELIX ]

    Crenza dalgunhas culturas nunha forza vital impersoal, omnipresente na natureza pero concentrada en diversos obxectos, animais e persoas, que dotaba de poder ao que a posuía, facéndoo á vez intérprete do sagrado.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

actividade

Citas

  • A pesar da súa avanzada idade conserva o dinamismo da súa mocidade