didascalia

didascalia

gr διδασκαλία ‘ensinanza’

Plural: didascalias
  1. s f [LIT ]

    Indicacións que fai o autor nunha obra teatral para o desenvolvemento correcto da peza.

  2. s f [ESPECT ]

    Inscrición realizada, na Grecia clásica, con motivo dos concursos teatrais na que se referían as datas de celebración e os espectáculos e autores premiados, e tamén as instrucións que os autores dos textos, que tamén eran os directores dos espectáculos, lles daban aos actores que participaban na escenificación.