dictióptero -ra

dictióptero -ra
Plural: dictiópteros Masculino: dictióptero Masculino plural: dictiópteros Feminino: dictióptera Feminino plural: dictiópteras
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos dictiópteros.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM ]

    Insecto da orde dos dictiópteros.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM ]

    Orde de insectos que se caracterizan por presentar o aparato bucal mastigador, as antenas xeralmente filiformes, tarsos de cinco artellos, ás anteriores eritroides e poñer os ovos en ootecas. Divídese nas subordes dos mantoideos, ás que pertencen as barbantesas e na dos blatáridos, que engloba as cascudas.