dicionario

dicionario
Plural: dicionarios
s m [LING ]

Listaxe en que se recompila, xeralmente en orde alfabética, o conxunto de palabras, xiros e sintagmas dunha lingua, ou ben os termos dunha técnica, arte, ciencia ou especialidade, xunto cos correspondentes significados ou equivalencias noutra lingua. Pode incluír xunto a cada termo a súa pronuncia, etimoloxía, información sobre a clase de palabra, exemplos de uso, sinónimos e contrarios.

Formas incorrectas

diccionario

Palabras veciñas

dicigótico -ca dicima dicinodonte dicionario dicionarista dicir dicir