diámetro
diámetro
lat diamĕtrus gr διάμετρος
-
-
s
[MAT ]
Corda que pasa polo centro dunha figura, un círculo, unha sección cónica ou unha esfera.
-
s
[MAT ]
Liña que divide pola metade un sistema de cordas paralelas dunha curva.
-
diámetro aparente
[ASTRON ]
Arco do ángulo determinado polas dúas visuais dirixidas por un observador aos extremos do diámetro dun astro.
-
diámetro normal dunha árbore
[BOT ]
Diámetro da árbore medida a 1,30 m sobre o nivel do chan.
-
diámetro primitivo
[TECNOL ]
Diámetro teórico da circunferencia imaxinaria que se utiliza para calcular engrenaxes e que se correspondería co punto en que estas entran en contacto.
-
diámetros conxugados
[MAT ]
Parella formada por un diámetro e o definido por un sistema de cordas paralelas ao primeiro.
-
s
[MAT ]
-
s
m
Amplitude dun corpo redondo medida desde un costado ao outro pasando polo medio.
Citas
- Este prato ten 20 cm de diámetro