diálise
diálise
gr διάλυσις ‘disolución’
-
s
f
[QUÍM/BIOQ ]
Proceso de difusión selectiva a través dunha membrana que permite separar solutos de baixo peso molecular, capaces de difundirse a través dos poros da membrana, doutras macromoléculas que non poden facelo presentes no seo da solución.
-
diálise peritoneal
[MED ]
Técnica que permite a depuración do sangue extrarrenal a través do peritoneo.
-
diálise renal
[MED ]
Técnica que se utiliza para eliminar a urea do sangue naqueles enfermos que non presentan unha boa función renal.