devolver

devolver

lat devolvĕre

  1. v t
    1. Facer alguén que algo volva ao seu dono ou ao sitio en que estaba.

    2. Levar unha cousa ao lugar en que se mercou e recobrar o importe que se pagou por ela.

    3. Entregar ao pagador a diferenza entre o diñeiro que entrega e o valor da mercadoría adquirida.

    4. Corresponder do mesmo xeito a algo que fixo con anterioridade outra persoa.

  2. v t

    olver unha cousa ou a alguén ao estado inicial que tiña.

Sinónimos

Citas

  • A dependenta devolveulle o diñeiro de mala gana
  • A restauradora devolveulle ao retablo o seu esplendor, As recomendacións do médico devolvéronlle a saúde
  • Co mareo da viaxe devolveu canto comera
  • Devolveron os inmigrantes ilegais ao seu país, Se non cobres ben a solicitude devolverancha
  • Devolveu o xersei que mercou onte porque tiña unha mancha na manga
  • Devolvinlle a visita que me fixera
  • Devolvinlle as cartas ao carteiro porque non eran para min
  • Mañán devólvoche os cartos que me prestaches, O ladrón devolveu o cadro ao museo
  • Paguei con cincuenta euros e devolvéronme dez
  • Xa devolvín os libros na biblioteca
Conxugar
VERBO devolver
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolvo
devolves
devolve
devolvemos
devolvedes
devolven
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolvía
devolvías
devolvía
devolviamos
devolviades
devolvían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolvín
devolviches
devolveu
devolvemos
devolvestes
devolveron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolvera
devolveras
devolvera
devolveramos
devolverades
devolveran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolverei
devolverás
devolverá
devolveremos
devolveredes
devolverán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolvería
devolverías
devolvería
devolveriamos
devolveriades
devolverían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolva
devolvas
devolva
devolvamos
devolvades
devolvan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolvese
devolveses
devolvese
devolvesemos
devolvesedes
devolvesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolver
devolveres
devolver
devolvermos
devolverdes
devolveren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
devolve
-
-
devolvede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
devolver
devolveres
devolver
devolvermos
devolverdes
devolveren
Xerundio devolvendo
Participio devolto/devolvido
devolta/devolvida
devoltos/devolvidos
devoltas/devolvidas