desprazamento

desprazamento

desprazar

Plural: desprazamentos
  1. s m

    Acción e efecto de desprazar ou desprazarse.

  2. s m [MAR ]

    olume de auga que despraza un barco.

  3. s m [PSIC ]

    Mecanismo inconsciente que fai que unha carga afectiva pase do seu obxectivo real a un elemento substitutivo.

  4. corrente de desprazamento [FÍS ]

    Tipo de corrente eléctrica que ten lugar nun material cando se lle aplica un campo eléctrico variable co tempo.

  5. desprazamento angular [FÍS ]

    Ángulo, medido en radiáns, en que un corpo ou liña foi rotado nun sentido específico ao redor dun determinado eixe.

  6. desprazamento cara ao vermello [ASTRON ]

    Desprazamento cara a lonxitudes de onda máis grandes que experimentan as liñas do espectro dun obxecto estelar.

  7. desprazamento continental [XEOL ]

    deriva continental.

  8. desprazamento de localidade [URBAN ]

    Desprazamento dunha poboación da súa localización orixinal a outra.

  9. desprazamento eléctrico [FÍS ]

    Magnitude vectorial que, no seo dun campo eléctrico E , é igual ao produto do campo pola permisividade do medio, D = ε E . OBS: Tamén se denomina densidade de fluxo eléctrico ou indución eléctrica.

  10. desprazamento químico/reacción de desprazamento [QUÍM ]

    Reacción en que un átomo ou molécula se substitúe e se libera por outro átomo ou molécula.