deserto -ta
lat desertu
-
adx
Aplícase ao lugar que non está habitado ou onde non hai ninguén.
-
-
s
Rexión deshabitada pola poboación humana, xeralmente a causa das condicións adversas do medio natural, como poden ser as condicións climáticas extremas.
-
deserto árido
Deserto caracterizado pola extrema sequidade atmosférica, provocada pola persistencia de células anticiclónicas.
-
deserto costeiro/ peruano
Deserto orixinado polas correntes mariñas frías.
-
deserto de abrigo
Deserto situado a sotavento dunha gran cordilleira, de xeito que as masas de aire perden a súa humidade mentres ascenden pola vertente de barlovento.
-
deserto frío
Deserto propio das zonas circumpolares e dos límites inferiores das neves perpetuas nas altas montañas.
-
s
-
adx
-
Aplícase á poxa, concurso ou premio ao que non concorre ninguén.
-
Aplícase ao premio que non se adxudica porque non se presentaron aspirantes ou porque os presentados non posúen suficientes méritos.
-
-
adx
[DER ]
Aplícase ao recurso interposto pero non presentado en tempo e forma polo recorrente.
-
s
m
[RELIX ]
Nome dado, en lembranza de san Xerome e doutros Padres da Igrexa, ás ermidas, conventos e mosteiros dalgunhas ordes relixiosas, situadas en despoboados.
-
Padres do deserto
[RELIX ]
Anacoretas cristiáns, entre eles Antón o Grande ou Pacomio, que configuraron unha espiritualidade de recollemento, renuncia ao mundo e penitencia.
Citas
- Algunhas aldeas de Galicia están desertas, Moitas cidades no período de vacacións quedan desertas
Frases feitas
-
Falar/Predicar no deserto. Suxerir ou explicar algo a quen non quere atender ou entender.