descubrir

descubrir

lat discooperīre

  1. v t

    Mostrar ou dar a coñecer algo que se pretendía manter oculto ou que se descoñecía.

  2. v t

    Quitar aquilo que cobre ou oculta algo ou a alguén.

  3. v t
    1. Atopar unha cousa que non se coñecía ou que estaba oculta.

    2. Aprender algo que non se sabía.

  4. v t

    Mostrar ou dar a coñecer algo que se pretendía manter oculto ou que se descoñecía. Tm v pron.

  5. v pron

    Quitar alguén da cabeza o chapeu ou outra peza similar en sinal de respecto ou para saudar.

  6. v pron [DEP ]

    Deixar sen protección un loitador unha parte do seu corpo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A policía descubriu onte o asasino, Descubrímolo cando falou da súa familia, Aquelas accións desmedidas descubriron as súas intencións, O seu cómplice descubriuno no xuízo
  • A, Fleming descubriu a penicilina en 1929
  • Cando limpaba o chan descubriu un billete debaixo do sofá, Un día descubriu que non a quería
  • Descubriu a cama para que aireara, As fortes ondas descubriron o cadáver que estaba enterrado na area
  • Descubriuse e o seu contrincante meteulle un gancho que o deixou KO
  • Deume unha boa desculpa por non ter chamado onte
  • Esta foi unha das primeras illas que descubriron os portugueses, Algún día descubrirán a vacina da sida
  • Ó chegar ao cume do monte descubriu a cidade
  • O neno descubriu cómo se usaba o garfo
  • O paxe descubriuse perante o xuíz
  • Rogoume que aceptase as súas desculpas
  • Se ves que vai moita calor descóbrete máis
  • Sempre descobre todos os segredos que lle confío, Xa descubrín o que traías no paquete
  • Xa en idade avanzada descubriuse como un poeta excelente

Frases feitas

  • Descubrir a orella. Deixar

  • Descubrir o peito. Dicir ou contar todo o que se sabe.

  • Hai que descubrirse. Expresi

Conxugar
VERBO descubrir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubro
descobres
descobre
descubrimos
descubrides
descobren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubría
descubrías
descubría
descubriamos
descubriades
descubrían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrín
descubriches
descubriu
descubrimos
descubristes
descubriron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrira
descubriras
descubrira
descubriramos
descubrirades
descubriran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrirei
descubrirás
descubrirá
descubriremos
descubriredes
descubrirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubriría
descubrirías
descubriría
descubririamos
descubririades
descubrirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubra
descubras
descubra
descubramos
descubrades
descubran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrise
descubrises
descubrise
descubrisemos
descubrisedes
descubrisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrir
descubrires
descubrir
descubrirmos
descubrirdes
descubriren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
descubre
-
-
descubride
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrir
descubrires
descubrir
descubrirmos
descubrirdes
descubriren
Xerundio descubrindo
Participio descuberto
descuberta
descubertos
descubertas