ágape

ágape

lat agăpe gr ἀ γάπη ‘afecto, amor’

Plural: ágapes
  1. s m

    Banquete ou comida de familia ou amigos para celebrar algún acontecemento.

  2. s m [RELIX ]

    Comida en común que os primitivos cristiáns partillaban en sinal de irmandade.

Sinónimos

Citas

  • Celebraron un ágape ao rematar o traballo
  • Os primeiros ágapes celebráronos os primeiros cristiáns
  • Tivemos onte un ágape no que probei un albariño magnífico
  • Xa dende antigo, o ágape corresponde a unha virtude humana moi importante

Palabras veciñas

agana aganchar agano ágape agapeta agapraxe ágar-ágar