depresivo -va

depresivo -va

lat depressu, supino de deprimĕre

Plural: depresivos Masculino: depresivo Masculino plural: depresivos Feminino: depresiva Feminino plural: depresivas
  1. adx

    Que deprime.

  2. adx
    1. Que padece unha depresión. Tm s.

    2. Que ten tendencia a padecer depresións. Tm s.

  3. adx

    Relativo ou pertencente á depresión.

Confrontacións

deprimente

Citas

  • As súas palabras eran tan depresivas que xa non sabía qué dicir
  • O seu carácter depresivo lévao a non saír moito da casa, É depresivo por natureza
  • Os enfermos depresivos adoitan recaer na primavera, Os depresivos están internados no pavillón norte do hospital
  • Padece unha enfermidade depresiva