denegación

denegación

lat denegatĭōne

Plural: denegacións
  1. s f

    Acción de denegar.

  2. s f [LIT ]

    Termo introducido por Anne Übersfeld nos estudos dramáticos. A base do concepto reside en que o receptor dunha peza teatral considera que a mensaxe que se lle transmite é unha ficción.

  3. denegación de auxilio [DER ]

    Delito que comete o funcionario público que requirido para prestar a axuda, á que está obrigado polo seu cargo, se abstén de facelo sen causa xustificada.

  4. denegación de proba [DER ]

    Decisión do xuíz ou tribunal de non admitir a proba proposta polas partes.