degradación

degradación

lat degradatĭōne

Plural: degradacións
  1. s f

    Acción e efecto de degradar ou degradarse.

  2. s f [ECOL ]

    Substitución dunha comunidade vexetal por outra máis afastada do clímax.

  3. s f [PAT ]

    Cesamento do desenvolvemento dun órgano.

  4. s f [QUÍM ]

    Reacción na que un composto se converte noutro máis sinxelo.

  5. s f [XEOG ]

    Alteración das formas de relevo da superficie terrestre debida a procesos de erosión.

  6. s f [XEOL ]

    Evolución dun solo de xeito desfavorable.

    1. s

      Pena accesoria que se lles impón aos condenados por cometer determinados delitos especiais.

    2. degradación canónica

      Degradación que priva a un membro da Igrexa dos seus bens, títulos e privilexios.

    3. degradación penal militar

      Degradación formal sobre a indignidade de vestir o uniforme militar e as súas insignias.

    1. s

      Diminución das figuras dun cadro segundo as leis da perspectiva.

    2. degradación da luz

      Moderación das tonalidades claras naqueles elementos que están máis distantes nun cadro.

    3. degradación de cor

      Diminución ou moderación da tinta nos termos que se consideran máis afastados.

  7. degradación da enerxía [FÍS ]

    Transformación da enerxía dun sistema, dunha forma a outra menos apta para a realización dun traballo mecánico debido ao aumento da entropía.

  8. degradación térmica [CLIMAT ]

    alor do cambio de temperatura que se rexistra por mor do incremento da altitude na atmosfera.

Confrontacións

estrago

Citas

  • Os científicos están loitando contra a degradación da atmosfera