decretal

decretal

lat decretāle

Plural: decretais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás decretais.

    1. s

      Constitución pontificia redactada en forma de carta dirixida polo papa en resposta ás consultas efectuadas por unha autoridade eclesiástica, pero que ten un carácter normativo xeral.

    2. s

      Libro que contén estas cartas.

    3. falsas decretais

      Compilación apócrifa do s IX que reunía documentos atribuídos aos papas dos primeiros séculos.