declarativo -va
declarativo -va
lat declaratīvu
-
adx
Que declara ou explica unha cousa que de por si non está clara.
-
adx
[DER ]
Aplícase ao xuízo que ten como finalidade obter do xuíz a declaración da existencia dun dereito anterior.
-
adx
[LING ]
Aplícase ao verbo que expresa a enunciación pura e simple dunha aserción.
Citas
- Introduciron unha cláusula declarativa para deixar patente a súa postura