décima

décima

lat decĭma, f substantivado de decimo

Plural: décimas
  1. s f

    Cada unha das dez partes iguais en que se divide unha unidade.

  2. s f [LIT ]

    Estrofa composta por dez versos octosílabos con rima consonante.

  3. s f [NUMIS ]

    Moeda española de cobre que valía a décima parte dun real, cuñada no último terzo do reinado de Isabel II.

Citas

  • Comprou a décima parte das accións da empresa
  • O segundo clasificado entrou dúas décimas máis tarde
  • Tiña trinta e oito graos e unhas décimas de febre

Palabras veciñas

decigramo decil decilitro décima decimal decimar decímetro