afroasiático -ca

afroasiático -ca
Plural: afroasiáticos Masculino: afroasiático Masculino plural: afroasiáticos Feminino: afroasiática Feminino plural: afroasiáticas
  1. adx

    Relativo ou pertencente conxuntamente a África e a Asia.

  2. lingua afroasiática [LING ]

    Familia de linguas africanas subdividida nas pólas semítica, exipcia, bérber, cuixítica, omótica e chadiana.

  3. bloque afroasiático [POLÍT ]

    Conxunto de países de Asia e de África que se uniron para facer fronte ás antigas metrópoles no proceso de descolonización destes dous continentes. Comezou a configurarse na Conferencia de Nova Delhi (1949) e as liñas principais da súa política establecéronse na Conferencia de Bandung (1955).