dársena

dársena

ár [ad]dár a ṣṣ án’a, de dár a ṣṣ iná’a ár clásico dār a ṣṣ inā ‘ah ‘casa da industria’

Plural: dársenas
  1. s f

    Lugar protexido natural ou artificialmente nos portos, canais ou baías, onde as embarcacións poden levar a cabo as operacións de carga e descarga ou aparellar e reparar as embarcacións.

  2. s f

    Cada unha das divisións que se acondicionan nos portos artificiais para crear distintos peiraos.

Confrontacións

dique

Citas

  • Coas novas dársenas do porto hai sitio para cincuenta barcos máis
  • Subimos o barco á dársena para pintalo

Palabras veciñas

darii darredor darśana dársena darwinismo darwinista dasia