dakota

dakota

topónimo Dakota

Plural: dakotas
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Dakota ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Dakota.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo dakota.

    2. s

      Individuo do pobo dakota.

    3. s

      Pobo amerindio da familia síux, establecido primitivamente ao N de América, nunha área comprendida entre o Lago Superior e a conca do Missouri. A súa poboación concéntrase nas reservas das dúas Dakotas e nun número menor en Nebraska, Montana, Minnesota e Alberta.

  1. s m [LING ]

    Lingua amerindia de América do Norte que se divide  en catro dialectos: o santee, o yankton, o teton e o asiniboide.