culler

culler

lat cochleāre

Plural: culleres
  1. s f

    Utensilio con forma oval para coller unha porción do contido, especialmente líquido, e levalo á boca.

  2. s f
    1. Cada unha das pas que compoñen o rodicio dun muíño.

    2. [IND ]

      Recipiente troncocónico ou cilíndrido de prancha recuberto de material refractario, para transportar o material fundido do crisol aos moldes ou ao forno de tratamento ou de aliaxe.

    3. [CONSTR ]

      Accesorio metálico en forma de recipiente cóncavo aberto, reforzado eventualmente cunhas pugas na parte frontal, que se emprega principalmente nas máquinas escavadoras e nas pas cargadoras para traballos de escavación e movemento de terras.

  3. s f

    cullerón.

  4. s f [ZOOL ]

    cágado.

Sinónimos

Citas

  • Comemos a sopa con culleres de prata
  • O médico mandoume tomar dúas culleres de xarope ao día