cúfico -ca

cúfico -ca
Plural: cúficos Masculino: cúfico Masculino plural: cúficos Feminino: cúfica Feminino plural: cúficas
    1. adx

      Relativo ou pertencente á antiga cidade de Al-Kūfa, no Iraq Meridional.

    2. s

      Natural ou habitante da antiga cidade de Al-Kūfa.

  1. adx [ESCR ]

    Aplícase ao tipo de escritura árabe (ss VII-X), de caracteres angulosos e ríxidos, que se utilizou en inscricións sobre madeira e nos primeiros exemplares do Alcorán.

  2. adx [NUMIS ]

    Aplícase ás moedas musulmás (ss VII-XI) e ás de Italia do S e Sicilia (ss XI-XII), que tiñan inscricións con este tipo de escritura.

Palabras veciñas

cuestionario cuestor cuestura cúfico -ca cugula cugulo cui