cúbico -ca
cúbico -ca
lat cubĭcus gr κυβικός
-
adx
Relativo ou pertencente ao cubo.
-
adx
Que ten forma de cubo ou é semellante a el.
-
adx
Que é de terceiro grao.
-
adx
Que é de índice 3.
-
sistema cúbico
[FÍS ]
Sistema cristalino caracterizado por catro eixes ternarios equidistantes que orixinan tres eixes binarios perpendiculares entre eles e equidistantes dos anteriores, cos que forman ángulos de 54°44’. OBS: Tamén se denomina sistema regular.
Citas
- Ecuación cúbica
- Raíz cúbica
- Un recipiente cúbico, Unha peza cúbica