cuarteirón

cuarteirón

fr quarteron

Plural: cuarteiróns
  1. s m

    Cada unha das catro partes en que se divide un todo.

  2. s m [METROL ]

    Medida de capacidade que equivale a un cuarto de litro.

  3. s m [METROL ]

    Medida de peso que equivale a 125 g.

  4. s m

    Cuarta parte dun cento.

  5. s m

    Cada unha das catro fases da Lúa.

Citas

  • Comprou un cuarteirón de larpeiradas
  • Día si e día non vai buscar un cuarteirón de leite
  • Plantou un cuarteirón de cebolas
  • Sempre come dous cuarteiróns de mazá na sobremesa