afluencia

afluencia

lat affluentĭa

Plural: afluencias
  1. s f

    Acción e efecto de afluír.

  2. s f

    Concurso ou reunión, nun mesmo tempo e espazo, dun número elevado de individuos ou cousas.

  3. s f

    Abundancia de palabras, imaxes, pensamentos ou expresións.

Sinónimos

Citas

  • A afluencia de público fixo que o acto fose multitudinario
  • A escasa afluencia de sangue ao cerebro non foi a causa do derramo
  • Facía discursos cunha grande afluencia de imaxes