cromatóforo

cromatóforo

cromato- + -foro

Plural: cromatóforos
  1. s m [ZOOL ]

    Cada unha das células dérmicas cheas de pigmentos que hai en determinados animais, e que poden orixinar cambios de cor.

  2. s m [BOT ]

    Calquera clase de plastidio, na citoloxía botánica, sobre todo cando a súa cor non é verde.

  3. s m [MICROB ]

    Orgánulo arredondado, de estrutura non lamelar, onde se concentran os pigmentos asimiladores nas bacterias fotosintetizadoras.