cromatina

cromatina

al Chromatin gr χρ ῶ μα -ατος ‘cor’ + -ina

Plural: cromatinas
  1. s f [XEN ]

    Material xenético do núcleo celular durante a interfase, de carácter basófilo e formado principalmente por ADN, ARN e proteínas.

  2. cromatina sexual [XEN ]

    Pequeno corpúsculo de heterocromatina, redondo ou ovado, adherido á membrana nuclear, que se emprega para a diagnose citolóxica do sexo. OBS: Tamén se denomina corpúsculo de Barr.