criptografía

criptografía

cripto- + -grafía

Plural: criptografías
  1. s f
    1. Tipo de escritura que se emprega desde a Antigüidade en distintas culturas, elaborado a partir dun sistema de signos que responden a un código privado, para restrinxir a comprensión dunha mensaxe dada a un grupo específico de receptores coñecedores do código.

    2. Disciplina que estuda os diferentes sistemas que se poden empregar para codificar unha mensaxe.

  2. s f [INFORM ]

    Ciencia que estuda o xeito de cifrar e descifrar mensaxes para que resulte imposible coñecer o seu contido sen unhas claves predeterminadas.