cotorra
cotorra
Plural:
cotorras
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave arborícola da familia dos psitácidos, de corpo alongado e cola moi longa, que presenta plumaxe verdosa e peteiro curto con forma de gancho.
-
cotorra arxentina
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave que ten a fronte, a gorxa e o peito de cor cinsenta. Vive en colonias numerosas e constrúe grandes estruturas nas árbores con paus que lle serven para aniñar e durmir.
-
cotorra de Kramer
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave, da familia dos psitácidos, de cola moi longa e coa mandíbula superior do peteiro vermella escura e a inferior negra.