cotelada

cotelada
Plural: coteladas
  1. s f

    Movemento súbito da cabeza, xeralmente descendente, por efecto do sono.

  2. s f

    Golpe dado cos cotelos das mans.

Sinónimos

Citas

  • A película aborreceume e cara ao final xa daba coteladas
  • De nenos tivemos un mestre que nos daba coteladas se nos trabucabamos
  • Levei unha cotelada no pé esquerdo contra unha rocha da praia

Palabras veciñas

cote cotear cotela cotelada cotelear coteleo cotellón