cota

cota

fr ant cotte

Plural: cotas
    1. s

      Antiga peza de vestir longa e con mangas semellante a unha bata, que cubría o corpo desde o pescozo ata os pés.

    2. cota de armas

      Túnica exterior e lixeira sen mangas que se levaba sobre o arnés cinguida por un cinto, con aberturas en ambos os lados.

    3. cota de malla

      Peza de vestir usada polos guerreiros medievais que lles cubría todo o corpo desde a cabeza aos pés, elaborada con arames de ferro entretecidos.

  1. s f

    estidura litúrxica semellante a un sobrepeliz cunha abertura cadrada para a cabeza, usada sobre todo polos acólitos.