cosmopolita
cosmopolita
gr κοσμοπολίτες ‘cidadán do mundo’
-
-
adx
Que considera o mundo como a súa patria. Tm s.
-
adx
Aplícase a quen está familiarizado con moitos lugares e culturas.
-
adx
-
adx
Que habita ou é propio de moitos países.
-
adx
Aplícase ao lugar ou cidade na que habitualmente hai xente de moi diversas procedencias.
Citas
- A mosca común é unha especie cosmopolita, As danzas folclóricas son un fenómeno cosmopolita
- A súa vida cosmopolita converteuno nun viaxeiro incansable, O meu irmán é un cosmopolita
- Nova York é posiblemente a cidade máis cosmopolita do planeta
- Uxía ten unha existencia moi cosmopolita: hoxe aquí, mañá en París e ao outro en Bos Aires