cortizol
cortizol
Plural:
cortizois
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave, da familia dos pteroclídidos, de vida terrestre, que presenta unha plumaxe de cores crípticas, con patas moi curtas e cubertas de plumas, ás e cola longas e afiadas, e voo veloz. Habita en ambientes abertos e áridos de Eurasia e África.
-
cortizol salferido
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave, da familia dos pteroclídicos, de plumaxe pálida, que ten a parte posterior das ás coa metade anterior branca e a metade posterior negra.
-
cortizol ventrialbar
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave, da familia dos pteroclídicos, co ventre e as partes inferiores das ás de cor branca, unha franxa no peito de cor vermella e a cola longa e afiada.
-
cortizol ventrimouro
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave, da familia dos pteroclídicos, con ventre de cor negra, primarias negras e cola non moi longa. Habita en chairas esteparias de clima semiárido.