corrixir

corrixir

lat corrigĕre

  1. v t
    1. Suprimir os erros ou defectos de algo.

  2. v t

    Rectificar un aparato de precisión para que realice os cálculos sen erros.

  3. v t
    1. Quitar un defecto físico.

    2. Suprimir un defecto moral.

  4. v t

    Advertirlle a alguén que obrou dunha forma errónea.

  5. v pron

    Liberarse dos defectos ou erros.

Sinónimos

Confrontacións

rectificar

Citas

  • Corríxeno sempre que comete un erro lingüístico, A compañía xa corrixiu o fallo de subministración eléctrica, Corrixiulle as notas que deixara escritas)
  • Están corrixindo os ácidos no laboratorio
  • Non dá corrixido os malos vicios do seu fillo
  • O preso xa se corrixiu e vai saír en liberdade
  • O profesor corrixiralle os exames despois de que entreguen os traballos
  • Os médicos corríxenlle a súa forma de andar cuns zapatos ortopédicos, Corrixiu a vista cunhas lentes
  • Os pais corrixen os fillos como parte do seu proceso educativo
  • Ten que corrixir a romana que rouba quilos
Conxugar
VERBO corrixir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixo
corrixes
corrixe
corriximos
corrixides
corrixen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixía
corrixías
corrixía
corrixiamos
corrixiades
corrixían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixín
corrixiches
corrixiu
corriximos
corrixistes
corrixiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixira
corrixiras
corrixira
corrixiramos
corrixirades
corrixiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixirei
corrixirás
corrixirá
corrixiremos
corrixiredes
corrixirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixiría
corrixirías
corrixiría
corrixiriamos
corrixiriades
corrixirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixa
corrixas
corrixa
corrixamos
corrixades
corrixan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixise
corrixises
corrixise
corrixisemos
corrixisedes
corrixisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixir
corrixires
corrixir
corrixirmos
corrixirdes
corrixiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
corrixe
-
-
corrixide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrixir
corrixires
corrixir
corrixirmos
corrixirdes
corrixiren
Xerundio corrixindo
Participio corrixido
corrixida
corrixidos
corrixidas