corrector -ra

corrector -ra

lat correctōre

Plural: correctores Masculino: corrector Masculino plural: correctores Feminino: correctora Feminino plural: correctoras
  1. adx

    Que corrixe.

  2. s
    1. Persoa que corrixe para detectar os erros nun texto e outorga unha cualificación.

    2. Persoa que se dedica profesionalmente a corrixir as probas de imprenta.

  3. s m [AUTOM ]

    Dispositivo que se introduce nun sistema de control retroactivo para compensar a súa inestabilidade ou mellorar o seu transitorio.

  4. s m [FÍS ]

    Circuíto destinado a modificar a curva de resposta dun aparato ou dispositivo en función da frecuencia.

  5. s m [HIST ]

    Maxistrado provincial romano da época imperial.

  6. s m [POLÍT ]

    Membro da chancelaría pontificia, a partir do s XIII, encargado de revisar e corrixir as minutas dos notarios.

  7. s m [RELIX ]

    Superior dun convento da orde dos Mínimos.

  8. corrector ortográfico [INFORM ]

    Aplicación informática ou módulo dunha aplicación que permite revisar a ortografía dun texto para detectar as palabras que conteñan incorreccións e propor termos alternativos.

Citas

  • Aplicáronse medidas correctoras para frear o fracaso
  • Os correctores das probas de ingreso na Academia tiñan que ser imparciais
  • Os correctores deben eliminar os erros tipográficos e de estilo