corpúsculo

corpúsculo

lat corpuscŭlu, dim de corpus ‘corpo’

Plural: corpúsculos
  1. s m

    Corpo de tamaño microscópico.

  2. s m

    Partícula moi pequena considerada como constituínte elemental da luz, segundo a teoría corpuscular. Posteriormente, esta palabra empregouse para designar o fotón.

    1. s

      Estruturas histolóxicas de dimensións moi pequenas.

    2. corpúsculo de Bar

      Corpúsculo de cromatina, especialmente presente na membrana das células femininas.

    3. corpúsculos de Golgi-Mazzoni

      Receptores do tacto situados nas puntas dos dedos.

    4. corpúsculo de Krause

      Receptores bulbosos sensibles ao frío.

    5. corpúsculos de Malpighi

      Folículos linfáticos compactos que se localizan ao longo da arteria esplénica, na polpa do bazo.

    6. corpúsculos de Meissner

      Corpúsculos táctiles sensibles á presión e ao tacto.

    7. corpúsculos de Ruffini

      Receptores que perciben os cambios de temperatura relacionados coa calor.

  3. corpúsculos de Woronin

    Orgánulos densos que rodean a perforación central dos septos do aparato vexetativo miceliar dalgúns ascomicetos.

Palabras veciñas

corpulento -ta corpus corpuscular corpúsculo corra córrago corraña