coronario -ria
lat coronarĭu ‘en forma de coroa’
-
adx
Disposto en forma de coroa.
-
-
adx
[ZOOL ]
Aplícase a unha estrutura anatómica que presenta unha disposición circular.
-
adx
[ZOOL ]
Aplícase a cada unha das dúas arterias que saen da aorta ao nivel das válvulas sigmoideas.
-
adx
[PAT ]
Aplícase ao paciente afectado dunha cardiopatía.
-
enfermidade coronaria
[PAT ]
Trastorno cardíaco orixinado por unha subministración insuficiente de sangue por parte das arterias coronarias.
-
ponte coronaria
[MED ]
Anastomose vascular cirúrxica aortocoronaria, na que un enxerto de vaso sanguíneo ou un tubo de material plástico fai de ponte entre a aorta e a arteria coronaria.
-
unidade coronaria
[MED ]
Área dun hospital especialmente equipada para o tratamento intensivo dos enfermos afectados de enfermidades coronarias, como o infarto de miocardio ou as arritmias graves.
-
adx
[ZOOL ]
-
ligamento coronario
[ANAT ]
Dobra do peritoneo que une o bordo posterior do fígado ao diafragma.