coroar

coroar

lat corōnāre

  1. v t
    1. Poñer unha coroa na cabeza a alguén.

    2. Colocar unha coroa a un rei, emperador ou papa como insignia de dignidade soberana antes de comezar o seu mandato.

  2. v t
    1. Rematar ou constituír algo a perfección dunha cousa.

    2. Chegar á parte máis alta dun lugar elevado.

  3. v pron

    Proclamarse rei ou emperador unha persoa nun acto oficial no que se lle cingue unha coroa enriba da cabeza como símbolo de dignidade soberana antes do seu reinado.

Antónimos

Citas

  • Carlomagno foi coroado emperador de occidente polo Papa León III
  • Coroárono como vencedor do torneo
  • Napoleón coroouse emperador
  • O éxito coroou os nosos esforzos, A súa última novela coroa unha triloxía espléndida
  • O obxectivo da milicia era coroar a praza forte do inimigo
  • Onte coroou o cumio do monte
  • Unha cúpula coroa o edificio, Un adobío de ouro coroa a esfera do reloxo, A neve coroa Pena Trevinca todo o inverno
Conxugar
VERBO coroar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroo
coroas
coroa
coroamos
coroades
coroan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroaba
coroabas
coroaba
coroabamos
coroabades
coroaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroei
coroaches
coroou
coroamos
coroastes
coroaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroara
coroaras
coroara
coroaramos
coroarades
coroaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroarei
coroarás
coroará
coroaremos
coroaredes
coroarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroaría
coroarías
coroaría
coroariamos
coroariades
coroarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroe
coroes
coroe
coroemos
coroedes
coroen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroase
coroases
coroase
coroasemos
coroasedes
coroasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroar
coroares
coroar
coroarmos
coroardes
coroaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
coroa
-
-
coroade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coroar
coroares
coroar
coroarmos
coroardes
coroaren
Xerundio coroando
Participio coroado
coroada
coroados
coroadas