corno

corno

lat cornu

Plural: cornos
  1. s m [ZOOL ]

    Protuberancia que presentan algúns animais na cabeza, e que pode variar desde unha sinxela prominencia ata presentar complexas ramificacións ou forma de hélices.

  2. s m

    Substancia da capa exterior dos cornos coa que se fabrican determinados obxectos.

  3. s m
    1. Calquera cousa que, pola súa forma cónica, ten semellanza cun corno de animal.

    2. [ANAT ]

      Formación da substancia gris da medula espiñal que, nunha sección transversal, ten forma de media lúa.

  4. s m

    Avultamento producido por un golpe, especialmente na fronte.

  5. s m [ANIMAL ]

    Gasterópodo que presenta a cuncha de cor clara con debuxos castaños nas espiras anchas e tuberculadas.

  6. s m [MÚS ]

    Instrumento de vento que consiste nun corno dun animal.

  7. s m
    1. Lado ou extremo dereito ou esquerdo dunha cousa.

    2. Costado ou flanco dun exército.

  8. s m [ARQUIT ]

    Ángulo que sobresae do ábaco no capitel corintio.

  9. corno cutáneo [PAT ]

    Hiperceratose da pel en forma de eminencia dura.

  10. corno da abundancia [MIT ]

    cornucopia.

  11. corno dos mortos [MICOL ]

    Fungo do xénero Craterellus, da orde das cantanelais, de cor cinsenta escura ou negra, con forma de funil e que presenta o pé curto e himenios.

  12. corno inglés [MÚS ]

    Instrumento de aire de dobre lingüeta co cano de madeira en forma cónica e acabado nunha campá ovoide característica.

Sinónimos

Confrontacións

hasta

Citas

  • Deu na cabeza co canto da mesa e saíulle un corno
  • Non gardou a pedra de afiar no corno e perdeuna
  • Sempre lle come un corno á barra do pan
  • Tróuxolle unha navalla de corno de touro

Frases feitas

  • Ser (feo) coma un corno. Ser moi feo.

  • Ser retorcido coma os cornos. Ser unha persoa cun car

  • Ter os cornos grandes. Ser moi ego