cornete

cornete

corno

Plural: cornetes
  1. s m
    1. Fragmento de papel ou cartón enrolado de forma cónica que se utiliza como recipiente.

    2. Cantidade que contén o obxecto de papel ou cartón enrolado de forma cónica.

  2. s m

    Galleta de forma cónica que se emprega para servir xeado.

Citas

  • Meu pai comproume dous cornetes de churros
  • O castañeiro meteume as castañas nun cornete
  • O cativo pediu un cornete con dúas bólas de chocolate e unha de vainilla

Formas incorrectas

cucurucho

Palabras veciñas

corneta cornetada cornetán cornete cornetín corneto cornicha