cornecho -cha

cornecho -cha

corno

Plural: cornechos Masculino: cornecho Masculino plural: cornechos Feminino: cornecha Feminino plural: cornechas
  1. adx

    Que ten forma de corno.

  2. s m

    Peza de pan con forma de dous cornos ou parte dunha barra con forma de corno.

  3. s m

    Ángulo que forman dúas paredes ou dúas superficies no lugar en que se xuntan.

  4. s m [ANIMAL ]

    Molusco gasterópodo mariño con forma de corno.

  5. s m [FUNGO ]

    cornizó.

Sinónimos

Confrontacións

esquina

Citas

  • A pelota estaba no cornecho do xardín e non se vía ben
  • Colocou uns andeis nun dos cornechos do salón
  • Merca un cornecho deses pequenos por se quedamos sen pan

Palabras veciñas

corneana cornear cornecha cornecho -cha corneira corneiro -ra cornelán -na