copa

copa

lat v cŭppa

Plural: copas
    1. s

      aso de distintas formas que se sostén sobre un pé e que serve para beber.

    2. copa de auga

      Copa de forma variable, de cristal transparente sen tallas e con 20 cl de capacidade.

    3. copa de champaña

      Copa en forma de seo invertido, que se emprega para o viño homónimo e para os cócteles que o conteñen.

    4. copa de viño

      Copa transparente, sen tallas e lixeiramente pechada por arriba; a que se emprega para o viño branco é máis pequena ca a que se usa para o tinto.

  1. s f

    Cantidade de líquido contido nunha copa.

  2. s
    1. Obxecto de metal de forma semellante á copa, xeralmente máis grande e ornamental, que se entrega ao vencedor dunha competición deportiva.

    2. Premio que representa.

    3. [DEP ]

      Denominación que reciben os campionatos nacionais de clubs que se disputan por eliminatorias en distintas modalidades deportivas de equipo.

  3. s f [BOT ]

    Conxunto de pólas que forman a parte superior dunha árbore.

  4. s f

    Parte superior oca do sombreiro, que cobre a cabeza.

  5. s f pl
    1. Un dos catro paus da baralla, representado por unha copa.

    2. Carta dese pau.

  6. copa de Neptuno [ANIMAL ]

    Esponxa, da clase das demosesponxas, en forma de cáliz ou copa e de grandes dimensións.

  7. copa do roncón [MÚS ]

    Última peza do roncón da gaita.

Sinónimos

Citas

  • Aniñaban moitos paxaros nas copas das árbores do meu xardín
  • Bebeu unha copa de viño
  • Caeu sobre o sombreiro e esmagoulle a copa
  • Cantou as corenta en copas
  • Chamuscaron o porco con copas de colmo
  • Despois de gañar a competición recibiu a copa de mans do organizador
  • Foi de copas cos seus amigos, Tomou catro copas e xa está bébedo
  • Garda na vitrina varias copas da federación de xadrez
  • Levou a baza cunha copa
  • Partiulle o pé á copa cando a estaba a limpar