cooperación
cooperación
lat cooperatĭōne
-
s
f
Acción e efecto de cooperar.
-
s
f
[SOCIOL ]
Colaboración ordenada e orientada á consecución dun fin que xorde da concertación entre os membros dunha colectividade social.
-
s
f
[ECOL ]
Relación temporal entre dous organismos da mesma especie ou de distinta especie, de xeito que os dous saian beneficiados.
-
cooperación económica internacional
[ECON ]
Conxunto de accións tendentes a regular as relacións económicas internacionais entre os estados. Dáse cando as relacións entre os estados se institucionalizan en forma de organizacións económicas internacionais.
Citas
- É un asunto complicado, necesito a vosa cooperación