conxelación
conxelación
lat congelatiōne
-
s
f
[FÍS/IND ]
Transformación dun líquido en sólido como consecuencia da diminución da temperatura.
-
s
f
[ALIM ]
Proceso de conservación de alimentos co que se consegue a inhibición do desenvolvemento microbiano e das reaccións encimáticas e químicas.
-
s
f
[BIOL ]
Proceso e técnicas de conservación de células e tecidos orgánicos, propios da criobioloxía.
-
s
f
[PAT ]
Lesión producida pola acción do frío sobre o organismo.
-
s
f
[ECON ]
Medida conxuntural de política económica decretada oficialmente para combater tendencias fortemente inflacionistas.
-
conxelación de imaxe
[IND/ARTE ]
Procedemento fotográfico que consiste en seleccionar unha velocidade de obturación alta para que os suxeitos que se movan rapidamente aparezan na imaxe en posición estática.