convulsión

convulsión

lat convulsiōne

Plural: convulsións
  1. s f [PAT ]

    Contracción violenta, involuntaria e patolóxica dos músculos esqueléticos, que determina movementos irregulares localizados nun ou en distintos grupos musculares.

  2. s f

    Alteración violenta da orde establecida nunha sociedade.

  3. s f [XEOL ]

    Sacudida da terra ou do mar por mor dun fenómeno sísmico.

Sinónimos

Confrontacións

revolución

Citas

  • Era unha época de fortes convulsións políticas e sociais
  • O terremoto provocou fortes convulsións que arrasaron a cidade