continuo -nua
continuo -nua
Plural:
continuos
Masculino:
continuo
Masculino plural:
continuos
Feminino:
continua
Feminino plural:
continuas
-
adx
Que non presenta interrupción espacial nin temporal.
-
adx
Que ocorre en sucesión rápida, moi frecuente, a miúdo repetida.
-
adx
[LING ]
Aplícase ao son que se pronuncia cunha obstrución que non impide a saída do aire pola cavidade bucal.
-
s
m
[FILOS ]
Realidade material considerada como un todo, na filosofía clásica.
-
continuo poscrioulo
[LING ]
Serie relacionada de variedades que se desenvolve cando os falantes dunha lingua crioula son educados nunha lingua estándar coa que a lingua crioula está relacionada.