contar

contar

lat computāre

  1. v t

    Determinar o número de elementos dun conxunto designándoos, individualmente ou por grupos, cos números da serie natural ascendente.

  2. v t

    Introducir nunha lista restrinxida ou nunha conta.

  3. v t

    Ter en consideración certa cousa ou a alguén.

  4. v t

    Agardar ferventemente que aconteza algunha cousa.

  5. v t

    Ter unha idade concreta. Tm v i.

  6. v t

    Expoñer de xeito oral un acontecemento, unha lenda ou unha historia.

  7. v i

    Ir designando os números.

  8. v i

    Ser importante para algo.

  9. v i

    Dispoñer de certa cousa que se expresa.

  10. v i

    Ter en conta a alguén ou a algo para a participación nalgunha cousa.

  11. v i

    Esperar a que algo suceda como estaba previsto.

Sinónimos

Citas

  • A beleza non conta tanto como a intelixencia
  • Contaba con vinte anos cando foi á guerra
  • Contáronlle positivamente o seu expediente
  • Conto chegar alí mañá á noite
  • Conto con que cheguen os cartos para poder ir de vacacións
  • Contou co local da empresa para a súa reunión
  • Contou con ela para ir á praia
  • Contou o número de veces que foi visitala
  • Eu contaba cinco anos cando morreu meu pai
  • Non o contei entre os asistentes
  • O meu avó contounos unha historia moi fermosa ao pé da lareira
  • Xa conta sen necesidade dos dedos
Conxugar
VERBO contar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conto
contas
conta
contamos
contades
contan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contaba
contabas
contaba
contabamos
contabades
contaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contei
contaches
contou
contamos
contastes
contaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contara
contaras
contara
contaramos
contarades
contaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contarei
contarás
contará
contaremos
contaredes
contarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contaría
contarías
contaría
contariamos
contariades
contarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conte
contes
conte
contemos
contedes
conten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contase
contases
contase
contasemos
contasedes
contasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contar
contares
contar
contarmos
contardes
contaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
conta
-
-
contade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contar
contares
contar
contarmos
contardes
contaren
Xerundio contando
Participio contado
contada
contados
contadas